Skip to main content
Cervo

O Concello de Cervo organiza un curso gratuíto de socorrismo en espazos acuáticos naturais

Por 13 Abril, 2023Abril 14th, 2023Sin comentarios

O Concello de Cervo organiza un curso gratuíto de socorrismo en espazos acuáticos naturais con certificado de profesionalidade.

A data de inicio está programada para o 15 de maio, cunha duración de 4 meses e rematando o 11 de setembro. As inscricións pódense tramitar na Oficina de Emprego de Burela e hai un total de 15 prazas

As clases impartiranse en horario de 16.00 a 21.00 horas de luns a venres. O curso está orientado a persoas e en situación de desemprego pero poderase cubrir ata un máximo de 30% de persoas en activo.

Para resolver calquera dúbida ou obter máis información sobre o curso, pódese acudir ao  Concello de Cervo ou ben chamar ao 982 557 777.