Skip to main content
FozMar AMARIÑAXA

Rematou unha xornada espectacular de pesca organizada pola Asociación a Ribeira de Foz

Por 24 Abril, 2023Sin comentarios

Rematou unha xornada espectacular de pesca organizada pola Asociación a Ribeira de Foz na que participaron máis de 150 pescadores deportivos de distintas localizacións da Península e de Portugal.

“Houbo cheo completo no auditorio da casa da cultura na que os poñentes abordaron os temas da pesca da lura, do San Martiño e o dentón”, din, “nelas, os mellores pescadores da pesca deportiva compartiron as técnicas que empregan para capturar as devanditas especies e sempre dentro do respecto á conservación delas e o medio natural que as rodea”.

Destacaron a participación de forma activa de todos os pescadores asistentes das súas experiencias persoais neste contexto e o día completouse cun xantar que afianzaron lazos de amizade entre galegos, vascos, almerienses, rioxáns, murcianos, cántabros e asturianos ademais de portugueses, e que seguramente propiciarán futuros reencontros.

Xa pola tarde no peirao de Foz, os pescadores amosaron como fan para lanzar e mover os distintos señuelos de pesca que usan habitualmente e os máis cativos tiveron un concurso de lance con canas de pesca no que gañaron moitos premios.

Dende A Ribeira de Foz agradecen a todas as persoas participantes, ao Concello de Foz e os seu persoal empregado, e entidades colaboradoras, á tenda de pesca Kukadas de Foz, “porque sen todos eles non sería posible a realización deste evento”.