Skip to main content
Foz

Acia Foz CCA sorteará 1.500 euros en vales de compra na súa campaña do Día da Nai

Por 27 Abril, 2023Abril 28th, 2023Sin comentarios

Acia Foz CCA sorteará 1.500 euros en vales de compra na súa campaña do Día da Nai.  Todas aquelas persoas que realicen as súas compras nos comercios asociados entre o 28 de abril e o 7 de maio entrarán no sorteo de 15 premios de 100 euros en vales de compra cada un.

O sorteo terá lugar o 11 de maio en directo a través da emisora local Radio Foz a partir das 11 da mañá.

O presidente de Acia Foz CCA, José Carlos Paleo, anima “a realizar as compras desta tradicional data no comercio local, no que temos a carón da casa. En Foz podemos atopar todo o que precisamos para agasallar ás mamás polo seu día”.

E engade: “e tamén toca festexalo coa familia na hostalería local. Contamos cun sector da restauración moi importante, disposto a sorprendernos coas súas propostas gastronómicas nunha celebración tan especial”.

Acia Foz CCA conta coa colaboración do Concello de Foz e da Xunta de Galicia para a organización da campaña do día da nai, que foi presentada hoxe por José Carlos Paleo, presidente da asociación empresarial focense, polo alcalde de Foz, Fran Cajoto, e polo concelleiro de Comercio, Chema Linares.