Skip to main content
Foz

Acia Foz CCA e o seu Céntimo solidario colaborarán por sexto ano consecutivo con AECC

Por 28 Abril, 2023Sin comentarios

Acia Foz CCA colaborará por sexto ano consecutivo coa delegación local da Asociación Española contra o Cancro, a través da campaña Céntimo solidario, que se desenvolverá do 4 ao de 17 maio.

Pilar García representante da AECC en Foz, o presidente de Acia Foz CCA, José Carlos Paleo, o concelleiro de Comercio, Chema Linares, e o alcalde de Foz, Fran Cajoto, foron os encargados de presentala.

Nos establecementos participantes haberá huchas destinadas aos donativos que os seus clientes queiran depositar.

José Carlos Paleo agradece “o traballo realizado durante todo o ano pola delegación local da Asociación Española contra o Cancro. Desde Acia Foz CCA tamén queremos un ano máis colaborar e poñer o noso gran de area co Céntimo Solidario porque toda axuda é importante”. O presidente de Acia Foz CCA anima “á clientela dos negocios focenses a participar nesta campaña. A xente respondeu ven os anos anteriores e agardamos que neste 2023 tamén o fagan”.