Skip to main content
Lourenzá

O Concello de Lourenzá entregou unhas pedaletas para os usuarios do centro de día

Por 3 Abril, 2023Abril 4th, 2023Sin comentarios

O Concello de Lourenzá colaborou recentemente co Consorcio facendo entrega dunhas pedaletas para os usuarios do centro de día.

Nos próximos días tamén ten previsto colaborar no arranxo da caldeira do edificio e na dotación duns sillóns reclinables para maior comodidade dos maiores.

Trátase dunha infraestrutura de nova construción con financiamento propio e da Xunta de Galicia. Dótase de mobiliario no ano 2010 e entra en funcionamento o 24 de novembro do 2011.

Este centro está situado no nucleo urbano e conta cunha soa planta para cubrir as necesidades dos dependentes. Ten unha capacidade de ata 35 prazas (por ter tres baños adaptados), aínda que na actualidade ten concedidas 15 ata o ano 2014 e unha prorroga de 10 máis ata un total de 25.

Conta con distintos servizos, entre eles: asistencia ás unidades de atención, almorzo, comida, merenda e tamén servizo de transporte. Consta cun equipo de profesionais interdisciplinar de traballadora social, psicóloga, terapeuta ocupacional, auxiliares de xeriatría e coordinadora.