Skip to main content
Lourenzá

Terras de Lourenzá organiza unha ruta de fin de semana polo parque natural da baixa Limia e serra do Xurés

Por 26 Abril, 2023Abril 27th, 2023Sin comentarios

A Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá organiza para a fin de semana do 12, 13 e 14 de maio unha ruta polo parque natural da baixa Limia e serra do Xurés.

Esta fin de semana terá saída ás 18.30 horas do Cantón de Vilanova e o sábado será a ruta fecha da Corga duns 15 quilómetros e dificultade media, e o domingo a ruta das Queguas de 8 quilómetros e dificultade baixa.

A actividade ten un prezo de 120 euros para socios e 135 para os non socios, e é necesario anotarse para participar, ben sexa por teléfono nos 647 067 054.

Lembran que é necesario levar botas e bastóns e respectaranse todas as medidas covid. Haberá que anotarse antes das 20.00 horas do 9 de maio.