Skip to main content
A Pontenova

Lume Escénico celebra o seu décimo aniversario cun ciclo de teatro na Pontenova

Por 10 Abril, 2023Sin comentarios

A asociación cultural Lume Escénico celebra o seu décimo aniversario cun ciclo de teatro na Pontenova ata o 22 de abril. A primeira representación, xa foi a finais de marzo, e a seguinte representación do ciclo será o sábado 15 de abril ás 20.30 horas a cargo de Trípode, de Alfoz, e ofrecerá a obra O Muro.

Xa para rematar o 22 de abril, sábado, ás 20.30 horas Lume Escénico, da Pontenova, representará Albergue Casa Marelo.

Este ciclo está organizado pola asociación cultural Lume Escénico coa colaboración do Concello de A Pontenova.