Skip to main content
A Pontenova

O Concello da Pontenova informou dos lugares e datas do punto limpo móbil

Por 8 Abril, 2023Abril 9th, 2023Sin comentarios

O Concello da Pontenova informou que o punto limpo móbil xa está en marcha e por iso comunicaron os lugares e datas. O punto limpo dispón de 8 bocas, unha por cada tipo de residuo perfectamente identificadas con nome e imaxe.

O obxectivo destas máquinas é contribuír a mellorar e ampliar a xestión dos residuos especiais de competencia municipal co fin de favorecer a súa axeitada recollida, clasificación e preparación para a reutilización, ao tempo que se evita a proliferación de puntos de vertedura incontrolada.

Esta nova dotación é un camión equipado cun gancho multibasculante hidráulico e unha caixa que incorpora un módulo portacontedores para o depósito de residuos de aparatos eléctricos e electrónicos (RAEE), pilas, baterías e outros refugallos. 

PUNTOS

Abril: Conforto – arriba da igrexa

Maio: Vilaboa – explanada da tenda de Manolo

Xuño: Vilarmide – escola

Xullo: Xudán – parede nova

Agosto: Vilaoudriz – atrio

Setembro: Bogo – casa de Bras

Outurbo: San Esteban – atrio