Skip to main content
A Pontenova

A asemblea local do BNG na Pontenova propuxo como cabeza de lista da Xorxe Gómez Rico

Por 4 Abril, 2023Sin comentarios

A asemblea local do BNG na Pontenova decidíu unánimemente propoñer como cabeza de lista da candidatura para as eleccións municipais do 28 de maio a Xorxe Gómez Rico, que rexenta un negocio de perruquería na Pontenova.

Xorxe Gómez concorrerá arroupado por unha candidatura formada por xente moza, xente das parroquias e da vila, e cun programa no que se contemplan unha serie de medidas para darlle máis dinamismo e vitalidade ao concello facilitando o establecemento de empresas para contribuir ao desenvolvemento económico local e axudar á xente que quere emprender un negocio.

Así mesmo a aposta pola dinamización do comercio local e de proximidade desenvolvendo iniciativas ao efecto, entre elas a incentivación do consumo no pequeno comercio e fomentando a adquisición de produtos locais, é outra das medidas contempladas no programa nacionalista.

“Queremos tamén  un concello accesible ás veciñas e veciños impulsando a participación de todos os colectivos na toma de decisións do seu ámbito sectorial. O noso modelo é o modelo dos concellos Bng, concellos con proxectos transformadores, nos servizos sociais, na cultura, no desenvolvemento económico, na atención e proximidade cos veciños e veciñas” afirmou Xorxe Gómez, que anunciou tamén que a candidatura ao completo será presentada nas vindeiras semanas en acto público.