Skip to main content
Ribadeo

A asociación ribadense Amadores da Música convoca asemblea xeral ordinaria de socios

Por 2 Abril, 2023Sin comentarios

A asociación ribadense Amadores da Música, que preside Elisa Álvarez Amor, convoca asemblea xeral ordinaria de socios para o día 22 de abril, sábado, no salón de actos da Casa do Mar, de Ribadeo. Está fixada para as 20:00 horas en primeira convocatoria e media hora despois en segunda.

A orde do día inclúe os seguintes puntos: lectura e aprobación, se procede, da acta da asemblea anterior; estado de contas da asociación; informe de actividades desenvolvidas; informe do director da Banda; preguntas e suxestións.