Skip to main content
Trabada

A nova zona deportiva de Trabada xa conta cunha tirolina

Por 3 Abril, 2023Abril 4th, 2023Sin comentarios

A nova zona deportiva de Trabada xa conta cunha tirolina. Así os pequenos poderán desfrutar dun novo e divertido xogo.

Mara, a primeira nena en estrenala, foi quen lles fixo a proposta que dende o Goberno municipal atenderon e foi ela misma  a primeira nena do colexio en probala.

“Agardamos que as familias disfruten moito nesta zona que pouco a pouco sumará máis dotacións, xunto á parcela de o lado que recentemente desbrozou o persoal do obradoiro do Concello e que tan ben quedou”, din dende o Concello.

Así mesmo, Mara aproveito para pedor a colaboración co colexio para que a fonte que hai no patio soamente bote auga cando se utilice.

A  pista multideporte está no CEIP Plurilingüe Celso Currás, e permite a práctica de varias modalidades deportivas no mesmo espazo, unha zona multixogo e polifuncional para nenos e nenas de todas as idades. Conta cun peche perimetral e un equipamento cos máis altos estándares de seguridade e calidade.