Skip to main content
Viveiro

 O Concello de Viveiro aconsella tres zonas de estacionamento durante a celebración da Semana Santa

Por 4 Abril, 2023Abril 5th, 2023Sin comentarios

O Concello de Viveiro informa das zonas de estacionamento recomendadas con motivo da celebración da Semana Santa.

O obxectivo é facilitar a circulación e evitar atascos tendo en conta a grande afluencia de persoas que se achegan á vila dende o mércores día 5 ata o domingo 9 de abril.

O goberno municipal aconsella tres zonas diferenciadas, segundo os mapas adxuntos, dependendo da vía de circulación pola que se acceda.

Na zona A, para vehículos procedentes da estrada LU-862, dirección Xove-Viveiro, recoméndase estacionar nas inmediacións na nave de redes, en Celeiro; no aparcamento da piscina municipal; no porto deportivo de Viveiro; na zona do Casino e no peirao de Viveiro.

Na zona B, para vehículos procedentes da estrada LU-862, dirección O Vicedo-Viveiro, recoméndase estacionar na zona dos colexios, na explanada do pavillón municipal e no Paseo Martín Ledesma.

Na zona C, para vehículos procedentes da estrada LU-540, dirección Ourol-Viveiro, recoméndase estacionar na zona de Verxeles (entorno da estación do tren e ITV), zona da Variante e aparcamento subterráneo, sito na Avda. Navia Castrillón.

Co establecemento destas zonas de estacionamento, en función da vía de acceso, preténdese reducir a circulación polo centro de Viveiro e, deste xeito, evitar atascos.