Skip to main content
Viveiro

Por Viveiro reuniuse coa Confraría de Valdeflores de Xunqueira para falar do abandono no que se atopa o Convento

Por 6 Abril, 2023Sin comentarios

O Grupo Municipal Por Viveiro estivo cos representantes da Confraría de Valdeflores de Xunqueira para falar do abandono no que se atopa o Convento e das posibilidades para protexer o Patrimonio Cultural.

Dende Por Viveiro instan ás diferentes administracións, Concello, Deputación de Lugo e Xunta de Galicia a negociar coa Congregación propietaria, para que o Convento de Valdeflores pase a ser de propiedade pública e se converta en Patrimonio do pobo de Viveiro.

“Unha vez obtida a propiedade buscarlle un uso apropiado que permita conservar o valor artístico e arquitectónico do inmoble, así como o valor cultural dos seus códices, o seu arquivo, que recolle mais de 600 anos da nosa historia, a biblioteca e o mobiliario interior”, di o voceiro de Por Viveiro, Bernardo Fraga.

Dende a agrupación independente din que “traballaremos para que a propiedade do Convento de Valdeflores sexa pública, ben sexa da Xunta, Concello ou Deputación de Lugo, e que non se permita en absoluto o desmantelamento e abandono dun dos maiores valores do Patrimonio de Viveiro”, declarou Fraga.