Skip to main content
Viveiro

Hoxe celébrase en Viveiro a Semana Santa dos Nenos

Por 15 Abril, 2023Sin comentarios

O Concello de Viveiro colabora un ano máis coa Semana Santa dos Nenos que se celebra hoxe , dende as 18.00 horas, promovida polos veciños de Campo de Urraca.

Máis de 200 cativos tomarán parte dun dos actos máis emotivos da Semana Santa viveirense, declarada de Interese Turístico Internacional, e que mestura con este tipo de actividades tradición, devoción e colaboración cidadá.

“É un momento especial. Saber que os máis pequenos da casa se implican dende tan novos nunha data tan destacada para a nosa vila, que cada vez son máis os que queren participar na procesión, portar os pasos ou tocar os tambores, é un motivo de felicidade”, subliña a alcaldesa María Loureiro.

“A Semana Santa de Viveiro ten un pasado glorioso, un presente que ano a ano fainos medrar en número de visitantes e en eloxios dos que a veñen a desfrutar, e con actos así se demostra que tamén ten futuro”, engade a rexedora.

O Concello de Viveiro colabora con esta cita aportando tanto a merenda de todos os nenos e nenas que participan, como na organización e na loxística destas procesións que discorren polas rúas da vila.