Skip to main content
Xove

O alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro, presentou a candidatura

Por 27 Abril, 2023Sin comentarios

O PP de Xove presenta para as municipais unha candidatura que conxuga experiencia, xuventude, representación parroquial e incorporación de xente nova.

Encabezada por Demetrio Salgueiro, empregado do Concello de Burela en excedencia e licenciado en CC. Económicas e actual alcalde, ó que siguen persoas con ampla formación e experiencia,  Dolores Meitín, Licenciada en CC. Políticas; Cristina Iglesias, licenciada en CC. Do Deporte; Cecilia Duarte, Técnico Superior Administrativo; Rubén Sánchez, traballador de Alcoa e incorpórase á lista como número 6 Tamara Soto, Terapeuta Ocupacional, que cubrirá o espazo de Servizos Sociais tras a baixa por motivos laborais de Ana Abad tras 16 anos e a quen o Partido Popular de Xove está inmensamente agradecido polo seu gran traballo e que seguirá colaborando co Partido Popular pero xa sin as responsabilidades do goberno.

Continúan a lista persoas que conxugan tanto formación e experiencia como a necesaria representación territorial para dar voz ás distintas parroquias de Xove.

Toda a candidatura é un aval en formación e experiencia e preséntase ca ilusión e o firme compromiso de aportar o seu traballo para continuar a mellorar Xove e a calidade de vida dos veciños.

LISTA

1. José Demetrio Salgueiro Rapa

2. Mª Dolores Meitín Guerreiro

3. Cristina Iglesias Guerreiro

4. Cecilia Duarte Fernández

5. Rubén Sánchez Villarquide

6. Maria Tamara Soto López

7. Manuel Ángel Meitín Rouco

8. Mª Pilar Cociña Sánchez

9. Leandro Quelle Franco

10. Beatriz García Taladrid

11. Luis Dayan Souto

12. José Manuel Dayán Mariño

13. Mª Amabilia Vázquez Díaz

14. José Manuel Balseiro Canoura

15. Rosario Balseiro López

16. Juan Carlos García Castro

17. Mª Josefa Pena Pastor

18. Andrés Prieto Muriel