Skip to main content
Axenda CaducadaMondoñedo

As Quendas de Mondoñedo xa contan con programa

Por 15 Abril, 2023Abril 16th, 2023Sin comentarios

As Quendas é unha das celebracións máis antigas, tradicionais e populares de todas as festas que se celebran no municipio de Mondoñedo, e remóntase ao século XVI. Este ano a festa celebrarase desde o 28 de abril ata o 1 de maio.

Os actos previstos para estes días darán comezo o venres 28 de abril ás 21.00 horas no auditorio Pascual Veiga co pregón a cargo de Valentín Unsua Palacios, guía, garda sancristán e campaneiro da Catedral de Mondoñedo.

Xa o sábado 29 de abril a orquestra Paréntesis porá a nota musical na Alameda e despois será o concerto de Quinkillada. Nesta xornada será o I Encontro de bandas das escolas de música da Mariña no auditorio Pascual Veiga ás 20.00 horas.

O domingo 30 de abril será a quenda das orquestras Mar D’Arousa e Waykas, e o luns 1 de maio tocará Solara quen dará paso ao grupo de música tradicional Xacarandaina.
Tamén será a Feira Tradicional de Gando, a XXXVIII Festa da Emapanada, o Concurso morfolóxico de PRG e o de andadura de cabalo marchador galego.

Por outra banda haber´un mercado de produtos do campo galego, a IV Xuntanza de vespas, lambretas e clásicas, e unha degustación nos locais de hostalaría de empanada, porco celta e poldro.