Skip to main content
Axenda CaducadaBarreiros

O vindeiro domingo, 30 de abril, celebrarase en Barreiros o Mercadiño na Primavera

Por 24 Abril, 2023Abril 25th, 2023Sin comentarios

O vindeiro domingo, 30 de abril, celebrarase en Barreiros o Mercadiño na Primavera. Trátase do segundo mercado estacional que lle da continuidade ao de Nadal celebrado o pasado 11 de decembro.

Esta cita, que será na praza do Concello en horario de 11.00 a 20.00 horas, poderanse atopar produtos de calidade e proximidade en máis de 20 postos que encherán a praza de vida.

Ademais, haberá actuación do grupo folclórico local O Arco da Vella ás 12.00 horas, The Lioness Treasure Band  ás 13.00 horas, e un espectáculo para público infantil, maxia e malabares a cargo de Ian Richard Hamilton ás 18.00 horas.

Tamén contarán cun posto de libros solidarios cuxa recaudación será doada á asociación Saúde Mental A Mariña.