Skip to main content
Axenda CaducadaViveiro

O Club Clásicos Viveiro prepara unha nova edición do seu rally

Por 24 Abril, 2023Sin comentarios

O Club Clásicos Viveiro informou da nova edición do Rally Club Clásicos Viveiro que se celebrará o 20 de maio de 2023. Este ano o rally chega a súa cuarta edición e será puntuable para o campionato Talleres Km0 e o trofeo Talleres Tuille.

O campionato Km0 consta de tres rallies sen posibilidade de descartar ningún para optar aos seus premios, os mesmos son o II Rally Concello de Ourol xa disputado, o IV Rally Club Clásicos Viveiro e o II Rally Concello do Vicedo.

Tamén informaron de que o día 14 de maio abrirán as inscricións para a participación.