Skip to main content
Baleira

O Cádavo celebra a festa da xuventude o 30 de abril

Por 14 Abril, 2023Sin comentarios

O Cádavo, en Baleira, acolle o vindeiro 30 de abril a celebración da festa da xuventude.

A xornada dará comezo ás 13.30 cunha sesión vermú a cargo do Grupo Fussión para continuar coa comida ás 14.30 con empanada, churrasco, bebida, postre, café e chupito.

Durante a sobremesa ata ás 22.00 a festa contará coa actuación dun Dj e a partir das 22.00 será a quenda de The Rock Legend.

Ademais durante a noite tamén actuarán o grupo Fussion e o Dj.

A organización informa que haberá carpa.