Skip to main content
Baralla

A Deputación informa de cortes de tráfico na estrada entre A Condomiña e Castrolanzán

Por 5 Abril, 2023Sin comentarios

A Deputación de Lugo informa de que os traballos de mellora que está a acometer no tramo inicial da LU-P-0508, que conecta A Condomiña e Castrolanzán, en Baralla, obrigarán a cortar o tráfico mañá, 5 de abril, e os vindeiros días 10 e 11 deste mes, polo estendido do aglomerado.
Haberá desvíos alternativos sinalizados para salvar o treito de 2,5 quilómetros nos que está a actuar a Deputación. Un por Xestoso, a través da LU-P-0401 e tamén da LU-P-0404, e outro polo Cereixal, a través da LU-P-0708.

O proxecto da Deputación na LU-P-0508 contempla a limpeza dos laterais e o estendido do aglomerado en quente desde o inicio da vía ao punto quilométrico 2,500. Unha vez rematada a pavimentación, realizarase o pintado da estrada mediante marcas reflexivas brancas.

As obras foron adxudicadas por un importe de preto de 160.000€ á empresa OVISA Pavimentos e Obras SLU, que conta cun prazo de execución de catro semanas.