Skip to main content
Axenda CaducadaCastroverde

Imparten en Castroverde un obradoiro para persoas coidadoras

Por 19 Abril, 2023Sin comentarios

O próximo 21 de abril a escola de Espasante acolle o obradoiro Coidando ao coidador en horario de 16.00 a 20.00.

Unha formación que ten como obxectivos formar os coidadores e familiares en habilidades que lles axuden a mellorar a calidade dos coidados que proporcionan así como o uso de técnicas que lles faciliten o labor.

Neste curso tamén aprenderán a previr o síndrome do coidador e codependencia dos familiares e coidadores.

Marichel Costas Manzanares, enfermeira da EOXI da Coruña, será a encargada de realizar a formación.