Skip to main content
Castroverde

Castroverde celebra o V Campionato de Tute

Por 20 Abril, 2023Sin comentarios

A quinta edición do Campionato de Tute de Castroverde terá lugar o 20 de maio ás 17.00 no pavillón municipal A Ferrería.

A inscrición e cean serán 80 puntos por parella e só a cea 15 puntos.

Os tres primeiros premios repartirán un total de 1600 puntos repartido en 1000 para o primeiro clasificado, 400 para o segundo e 200 para o terceiro.

Tamén haberá unha repesca que repartirá 310 puntos, neste caso o primeiro levará 150 puntos, o segundo 100 e o terceiro 60.

A data límite para realizar a inscrición é o día 19 de maio e os premios están calculados para un límite de 64 parellas participantes. No caso de non chegar ao límite serán modificados.