Skip to main content
BarallaO Corgo

A carreira Correndo pola Vía Künig celebra a súa segunda edición

Por 9 Abril, 2023Abril 24th, 2023Sin comentarios

Os Concellos de Baralla e do Corgo xunto a Asociación Cultural Vía Künig organizan a II edición da Carreira Correndo pola Vía Künig.

A proba celebrarase o próximo sábado 9 de xullo, con saída ás 10.30 dende a Casa do Concello de Baralla e meta no Castro de Castrillón no Corgo.

O circuíto constará de 18 km sobre pistas de terra na súa maioría, e estará controlado por vehículos da organización.

A proba estará aberta a tódolos atletas, federados ou non, sen distinción de sexo ou nacionalidade.

A organización poñerá a disposición dos participantes na proba un servizo de autobuses para trasladar aos deportistas dende a meta ata á saída tanto antes do comezo da carreira coma ao finalizar a mesma.

Ademais os participantes contarán con avituallamento líquido nos quilómetros 7 e 13 así como avituallamento líquido e sólido ao final de cada carreira para todos os participantes.

A inscrición pode realizarse ata o martes 4 de xullo ás 23.59 horas a través da páxina web.

Os dorsáis retiraranse o venres pola tarde na tenda de deportes de “Atmosphera Sport A Chaira” sita na rúa Salvador de Madariaga de Lugo e o día da proba pola tarde na zona da saída no Concello de Baralla, ata 30’ antes da saída da proba.

Os tres primeiros clasificados masculinos e femininos da carreira absoluta recibirán un trofeo. Haberá un premio en metálico de 150 euros para o primeiro clasificado, de 100
euros para o segundo clasificado e de 75 euros para o terceiro.

A ceremonia de entrega de premios celebrarase ás 12.50 na zona de meta.

Ademais, tamén se fará entrega dun trofeo conmemorativo ao primeiro home e a primeira muller empadroados nos Concellos do Corgo e de Baralla.

A cerimonia de entrega de premios será ás 19.45 horas na zona da meta.