Skip to main content
A FonsagradaLugo

Adega Lugo organiza este domingo unha ruta pola Fonsagrada

Por 26 Abril, 2023Sin comentarios

O vindeiro domingo 30 de abril Adega Lugo fará faremos a ruta primitiva Fonsagrada–Hospital do Monte Outo (Montouto) pola Poboa de Burón.

O autocar chegará ata a Fonsagrada, onde despois de tomar un café, visitarán o Museo coa súa nova sala de Castañoso, e poderán desfrutar tamén das estupendas maquetas feitas por Manolo Miranda. Comezarán a ruta Astur-Galaica de interior na Fonsagrada, baixando cara á Poboa de Burón, capital do municipio ata o 1835, por entre carballos e castaños con tramos encaixados escoltados por muros de pedra seca, cubertos de brións.

Aos tres quilómetros, chegados á Poboa de Burón a veciña, ex-profesora e concelleira María Xosefa Nenoso Ortíz falará desta vila, un val dedicado á agricultura, principalmente.

Seguirán a ruta cara Xestoso de Riba, cunha pendente medianamente pronunciada. Dende Xestoso continuarán o roteiro ata chegar ao Monte Outo. Dende este punto seguirán nunha baixada ata o Hospital, onde poderán ver os restos do Hospital (hai quen di que anteriormente estaba localizado en Pena Labrada, ao bordo do camiño que vai dende a Pobra de Burón), o Dolmen de Montouto ou Dolmen das Pedras Dereitas (Necrópole Megalítica).

Para participar é preciso reservar a praza antes do venres 28 de abril ás 13 horas a través deste formulario.

Para máis información poden contactar chamando ao 982240299, escribindo a adegalugo@adega.gal ou na web de ADEGA www.adega.gal.