Skip to main content
Lugo

A Federación de Veciños pide máis vivendas socias repartidas ao longo da ciade

Por 8 Abril, 2023Abril 11th, 2023Sin comentarios

A Federación provincial de Asociacións Veciñais Lucus Augusti de Lugo manifestan “a nosa rotunda petición de que o número de vivendas sociais na cidade de Lugo véxase incrementado, na medida do posible, tratando, ademais, de reequilibrar a súa disposición actual ao longo de toda a cidade”.

Dende a asociación queren “facer fincapé no carácter necesario destas vivendas, tanto para dotar dunha infraestrutura inmobiliaria a quen se atopa nunha situación de dificultade económica para acometela, como para contribuír á integración destas persoas na vida diaria do barrio correspondente” pero tamén enganden a necesidade de “reequilibrar a disposición das vivendas sociais ao longo de toda a cidade de Lugo, conxugando os diferentes barrios que permitiría de forma máis realista a integración non só dentro dos mesmos, senón ao longo da cidade no seu conxunto, que é o realmente desexable”.

Por eso desde a federación solicitan “un estudo ou mapeo por barrios da disposición actual das vivendas sociais existentes ao longo da cidade de Lugo” e engaden que “é evidente, antes mesmo de ter os resultados do solicitado estudo, é que a maior concentración de vivendas sociais atópase, na actualidade, no barrio de O Castiñeiro e moi probablemente, os resultados de devandito mapeo constaten que é a zona norte da cidade de Lugo a que conta, con bastante diferenza, coa maior concentración de vivendas sociais, fundamentalmente ao longo dos barrios de Albeiros, Garabolos, As Gándaras e o xa mencionado O Castiñeiro”.

Engaden tamén que “somos plenamente conscientes do condicionante fundamental neste caso: a dispoñibilidade de terreos para a súa construción, ou a ausencia da mesma, pero, neste último caso, e en aras de favorecer o necesario reequilibrio que redunde nunha boa convivencia ao longo de toda a cidade de Lugo, solicitamos, que de ser preciso, a Administración Local adquira os terreos necesarios”.

Por todo isto dende a federación urxen “na necesidade de abordar esta situación, necesaria e urxente, ás Administracións implicadas”.