Skip to main content
Lugo

O Partido Popular denuncia as deficiencias dos museos

Por 9 Abril, 2023Sin comentarios

O Partido Popular denuncia que “as salas da rede de museos municipais seguen presentando as mesmas eivas dende hai anos e en plena Semana Santa os turistas que chegaron á cidade non puideron ver moitos dos contidos dos museos por estar fóra de servizo”.

Beatriz Vázquez denuncia que “os paneis táctiles da rede de museos municipais segue sen funcionar, algo que xa se denunciou en numerosas ocasións, pero que ao goberno local segue sen importarlle”.

Para finalizar Beatriz Vázquez tamén denuncia a “escasa programación cultural deseñada por parte do Concello de Lugo para estas xornadas festivas e aproveita para facerse eco dunha queixa habitual nos turistas que chegan á cidade: a ausencia de folletos informativos actualizados”.