Skip to main content
Lugo

Concello e Ciudadanos reúnense para tratar o proxecto da Rolda Leste

Por 11 Abril, 2023Sin comentarios

A alcaldesa de Lugo Lara Méndez mantivo unha reunión coa portavoz municipal de Cs, Olga Louzao, e o concelleiro Juan Vidal-Pardo en relación ao polémico proxecto de Rolda Leste.

Ao termo da mesma, Louzao mostrouse “satisfeita” e cualificou o encontro como “moi produtivo e enormemente esclarecedor”. “O noso obxectivo era coñecer de primeira man se o Concello de Lugo defendería aos lucenses e o seu patrimonio ante a gran ameaza que supón este proxecto para o noso territorio. Sinceramente acudiamos a esta reunión con certas dúbidas sobre a postura do PSOE en relación a Rolda Leste, pero tras a comunicación por parte da alcaldesa de que as alegacións ao proxecto serán presentadas polo seu Goberno dedúcese que o PSOE se opón ao actual trazado”, sinalou a edila da formación laranxa.

Louzao expuxo a Méndez a “oposición total da súa formación ao trazado” e explicou á rexedora que “o seu grupo considera que existe alternativas de mobilidade cunha afectación moito menor sobre o noso medio natural” así Ciudadanos mantén que “o PP queda só na defensa do actual trazado de Rolda Leste. Algo que pon de manifesto a necesidade de paralizar este proxecto de forma inmediata”.

Pola súa parte Lara Méndez declarou que “unha vez que nos trasladaron o proxecto, que xa o pediramos con anterioridade á Xunta para chegar a acordos e consensuar un trazado que non tivera impacto ambiental, imos a presentar alegacións, como xa reiterei en diversas ocasións, unha vez que dispoñamos dos informes dos nosos técnicos” e engadiu que “temos solicitados informes a arqueoloxía, medio ambiente, organismo e a infraestruturas para que nos trasladen os pros e contras dese trazado e presentar alegacións oportunas”.

Ademais a alcaldesa recalcou que “o que non é lóxico e que estemos traballando, como vimos facendo dende o ano 2015, nun Lugo verde e sostible, un Lugo de recuperación dos espazos naturais e fagamos unha infraestrutura que deteriore estes espazos, polo tanto entendemos que é unha infraestrutura necesaria pero non pode danar o noso entorno, a nosa paisaxe e o noso medio ambiente”.

“Traballaremos si é posible da man da Xunta Galicia, volvemos a tenderlles a man, non vale un proxecto do ano 2004 onde cambiou a normativa e onde cambiou a sensibilidade. Fomos capaces de trasladar á cidadanía a importancia dos espazos naturais e polo tanto seguiremos a traballar nesa liña e agradecemos a Ciudadanos que se preocupe por esta situación”