Skip to main content
Lugo

Últimos días para anotarse nas xornadas do Museo Provincial sobre a historia monetaria de Galicia

Por 11 Abril, 2023Abril 13th, 2023Sin comentarios

O Museo Provincial de Lugo mantén aberto o prazo para inscribirse nas VI Xornadas de Divulgación Científica do Patrimonio Arqueolóxico Lucense, que se celebrarán os vindeiros días 14 e 15 de abril Pazo de Marcos baixo o título A moeda en Galicia desde a caetra ata o euro. 

As xornadas, coordinadas pola directora do Museo de Lugo Aurelia Balseiro e o doutor en Historia e experto en numismática Pablo Núñez Meneses, abordan o contexto e a historia monetaria galega desde distintas perspectivas, con intervencións de especialistas das universidades galegas, do Museo Arqueológico Nacional ou do Museu Nacional d’ Art de Catalunya.

O seu obxectivo é difundir a  importancia da historia monetaria no conxunto dos estudos e investigacións do noso pasado, contribuíndo a sinalar a súa importancia e poñendo en valor o significado e simbolismos destes obxectos que seguen a ser fontes de información transcendentais.

O programa, cunha vontade divulgativa, está dirixido a todas as persoas interesadas no tema, estudantes, afeccionadas, traballadoras de museos, coleccionistas, docentes ou guías turísticas, entre outros perfís.

A inscrición pode realizarse a través do seguinte formulario ata o xoves 13 de abril. Para obter o diploma acreditativo, será preciso asistir ao 75% das sesións.