Skip to main content
Lugo

Xuventude de Lugo abre o prazo de inscrición para un curso de seguridade cibernética

Por 21 Abril, 2023Sin comentarios

O Servizo de Prevención de Drododependencias e outras adiccións, adscrito á Concellería de Xuventude, e dentro do Programa +XTÍ 2023 subvencionado polo Ministerio de Sanidade (Plan Nacional sobre Drogas), abre á mocidade lucense o prazo de inscrición – entre o 24 de abril e o 3 de maio – do curso de diagnóstico, reparación de móbiles e seguridade cibernética.

A actividade está dirixida á xuventude de 18 a 35 anos, é gratuíta e inclúe 15 prazas. Os cursos terán lugar no Centro de Convivencia Municipal Uxío Novoneyra, os venres e sábados do 5 de maio ao 30 de xuño. “A experiencia obtida con este programa será decisiva para o desenvolvemento do futuro profesional dos alumnos, xa que adquirirán coñecementos e recursos necesarios para a inclusión no mercado laboral dos máis mozos”, explicou o edil, quen incidiu que esta iniciativa se enmarca “nas accións que estamos a por en marcha para previr que a xuventude entre no consumo das distintas drogas dándolles alternativas de ocio e de formación”.

As clases, abarcan un total de 60 horas, inclúen formación en ferramentas útiles para a reparación de smartphones, substitución de pantallas, avarías máis comúns nos smartphones, nocións básicas de seguridade cibernética, en navegadores, en RR.SS e en correo electrónico, SMS,

O curso desenvolverase os días 5, 6, 12, 13, 19, 20, 26 e 27 de maio e 2, 3, 9, 10, 16, 17 e 30 de xuño. Os venres, en horario de 16.30 horas a 20.00 horas, e os sábados de 10.00 horas a 13.00 horas.

A inscrición, que se realizará a través da web lugomasxti.org, será por rigurosa orde e ata cubrir prazas. Terán prioridade as persoas empadroadas no Concello de Lugo.