Skip to main content
Lugo

As Caldas do Miño rexistran preto de 3.600 usuarios no seu primeiro mes

Por 22 Abril, 2023Abril 23rd, 2023Sin comentarios

Os dous días de maior afluencia foron o 6 e o 17 de abril, cunha media de 166 e 153 persoas de media. En Semana Santa, o 40% dos usuarios foron foráneos. O 75 % das persoas que se achegan ata as novas infraestruturas o fan en parella, grupos de familiares ou de amigos e un 25% de maneira individual.

No primeiro mes da apertura das Caldas do Miño, o balance ascende a preto de 3.600 usuarios, que son os rexistrados na aplicación de reservas municipal. Os dous días de maior afluencia foron o 6 de abril (Semana Santa) e o 17 de abril, cunha media de 166 e 153 persoas respectivamente.

Sobre o perfil das persoas que acoden a esta nova infraestrutura, o 75 % das persoas que se achegan o fan en parella ou en grupos de familiares ou de amigos, e un 25% acoden de maneira individual.

As Caldas, segundo explicara a Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, naceron co obxectivo de ser  un gran revulsivo cultural, ao estar inspiradas nas termas romanas, e un novo recurso turístico, xa que moi preto pasa o Camiño Primitivo, polo que poden converterse nunha  etapa de parada e de descanso para os peregrinos que escollen este itinerario xacobeo, así como para a atracción de visitantes vinculados ao turismo de experiencias, que se atopa en auxe e que permitirá captar un turismo de calidade.

Neste sentido, os datos tamén reflicten, que dos usuarios, unha media dun 15% proceden de fóra do municipio, cifra que ascendeu a un 40% nesta Semana Santa.

As Caldas do Miño están abertas todos os días da semana en horario de 10.00 a 22.00 horas. Para o seu uso, o Concello habilitou unha aplicación de descarga gratuíta, dispoñible tanto para IOS como para Android, a través da que será posible reservar praza. A persoa que realice a reserva poderá solicitar ata catro prazas, podendo reservar un mesmo usuario ata un máximo de tres veces á semana. As franxas horarias serán dunha hora e media de duración dentro da instalación.