Skip to main content
Lugo

Un grupo de veciños do centro de Lugo reúnese para constituír unha plataforma

Por 24 Abril, 2023Sin comentarios

Un grupo de veciños de Lugo ten como obxectivo crear unha plataforma veciñal para a zona centro da cidade, que se denominará Plataforma de Veciños do Barrio Centro de Lugo.

Como explican, o obxectivo da mesma é “a canalización e defensa dos intereses dos residentes no mesmo, ante os novos retos desta zona da cidade”.

As persoas interesadas en coñecer este proxecto e en sumarse á asociación poden acudir o martes día 25 de abril, ás 19.30 horas ao centro social Uxío Novoneyra, onde se reunirán co fin de constituír a plataforma.

Os interesados en contactar con eles tamén poden facelo a través do correo vecinoscentrolugo@gmail.com