Skip to main content
Lugo

Candia propón bonos de 200 euros para menores deportivas e de estudos musicais

Por 26 Abril, 2023Sin comentarios

A popular tamén reforzará as axudas a familias monoparentais e numerosas e creará unidades de atención temperá, para a detección de problemas do desenvolvemento, e impulsará unidades de atención post temperá para ofrecer un servizo para toda a vida das persoas de rehabilitación e terapia.

Elena Candia creará bonos de 200€ para menores deportistas e alumnado de estudos musicais. Esta liña de axudas directas serán para compra de equipamento por parte de deportistas de entre 6 e 18 anos que practiquen unha disciplina federada e para a adquisición de instrumentos entre o alumnado de ensinanzas musicais.

Estes bonos se poderán utilizar nos comercios de Lugo co que a medida ten un dobre efecto “o de beneficiar ás familias lucenses e o de apoiar ao comercio local”.

A popular tamén reforzará as axudas a familias monoparentais e numerosas; creará unidades de atención temperá e postemperá e apoiará a adquisición de libros de texto e material as familias incrementando a partida de axudas municipais comprometéndose a simplificar a burocracia e a axilizar os pagos aos beneficiarios.

Dentro das medidas de conciliación a candidata do PP explica que é preciso crear máis escolas infantís, ludotecas e ociotecas en puntos onde son demandadas como por exemplo nos polígonos das Gándaras e O Ceao ou en diferentes barrios.

Elena Candia tamén considera necesario que Lugo teña máis bibliotecas e con horarios de apertura máis amplos.