Skip to main content
Palas de Rei

San Xorxe de Augasantas celebrará as súas festas este mes

Por 10 Abril, 2023Sin comentarios

A parroquia de San Xurxo de Augasantas, en Palas de Rei, celebra as súas festas os vindeiros 21, 22 e 23 de abril.

O venres 21 a música estará a cargo do Dj Expósito e a gran orquestra Paria de Noia.

A xornada do sábado dará comezo ás 13.30 cunha misa para continuar ca sesión vermú a cargo do dúo Explosión.

Xa pola noite a verbena contará coas actuacións do dúo Explosión e a orquestra Los Satélites e ademais haberá fogos artificiais.

O domingo haberá unha misa ás 13.30 e para finalizar as festas o grupo Féniz amenizará a sesión vermú e a verbena que dará comezo ás 20.00.