Skip to main content
Pedrafita

Piedrafita celebrou unha nova edición da Feira do Queixo do Cebreiro

Por 8 Abril, 2023Abril 11th, 2023Sin comentarios

A Feira do Quixo do Cebreiro celebrou este venres a súa 35 edición cunha gran participación de xente na que foi pregoeira a xornalista Tamara Raposo.

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, asistiu xunto ao Alcalde de Pedrafita, José Luis Raposo Magdalena a cita gastronómica que pon en valor un produto que nos anos 90 foi recuperado e, na actualidade, son catro os produtores que contan coa Denominación de Orixe Protexida Cebreiro.

O queixo do cebreiro está elaborado de xeito tradicional con leite de gando vacún das razas Rubia Gallega, Pardo Alpina e Frisona.

A deputada por Lugo e viceportavoz do BNG no Parlamento galego, Olalla Rodil tamén articipou nesta cita onde estivo acompañada por membros do BNG na localidade e o seu responsábel local, Adrián Rebollal.

A deputada destacou que esta feira é unha proba do potencial que posúe a comarca dos Ancares na produción alimentaria “Ancares é unha referencia da transformación alimentaria, unha boa proba é a súa IXP do queixo e do bo facer das persoas que traballan na actividade agro-gandeira, como amosan os produtos relacionados co porco ou a tenreira tamén”

Neste senso, Olalla Rodil salientou que para poder contribuír a dinamizar a economía e a revitalizar de xente este lugar “é preciso seguir potenciando circuítos comerciais de proximidade, e fomentar políticas en contra do abandono do rural para que a xente poida establecer a súa vida nestes lugares, por isto hai que apostar por revitalizar este comarca”