Skip to main content
Pedrafita

Bos resultados de venda na poxa de xovencas de Pedrafita organizada por Acruga

Por 22 Abril, 2023Sin comentarios

O mercado gandeiro de Pedrafita do Cebreiro foi un ano máis un dos recintos gandeiros nos que se lograron os mellores resultados na venda de xovencas preñadas de Raza Rubia Galega. Os seis exemplares, procedentes do centro de recría da Granxa Gayoso Castro dependente da Deputación de Lugo, adxudicáronse moi por encima dos prezos de saída o que supuxo unha media de 2.725 euros. A iso contribuíu a afluencia de gandeiros, con máis de 25 tarxetas de posibles compradores, a maioría da provincia de Lugo pero tamén da Coruña e Pontevedra.

Finalmente, o gando vendido foise para explotacións da Golada (Pontevedra), Sarria, As Nogais, O Corgo e da mesma Pedrafita do Cebreiro, un dos municipios con máis peso en canto a explotacións de Raza Loura Galega e que ademais celebra todos os anos outra importante poxa no mes de setembro.

As cotizacións finais das seis xovencas, todas elas de entre 24 e 28 meses de idade e preñadas duns oito meses, superaron os prezos de saída fixados en 2.000 euros. A maior cotización foi para a cuarta xovenca da poxa da mañá, adxudicada en 3.100 euros a un gandeiro da Golada (Pontevedra).

O presidente de Acruga, César Dourado agradeceu o traballo da Diputación de Lugo no centro de recría da granxa Gayoso Castro, que “é clave-dixo-, para presentar nas poxa gañado de tanta calidade e con todas as garantías”. Neste sentido, Dourado explicou que proximamente contan con varias citas nas que haberá exposicións e poxa de xovencas preñadas deste centro, para por unha banda, divulgar e promocionar as boas calidades da Raza Loura Galega, e por outra, responder á demanda dos gandeiros de loura galega, así como dos que se incorporan á raza.

Próximas citas

Unha vez finalizada esta gran cita en Pedrafita do Cebreiro, a seguinte gran poxa de Acruga chegará o 1 de maio en Láncara, na Feira da Tenreira Galega, á que a asociación acudirá cunha representación dos mellores 80 exemplares das ganderías da zona. O canlendario de citas seguirá o 7 de maio, en Ou Courel, no municipio de Cervantes, o día 13. Desde o 9 ao 11, a Raza Rubia Galega estará na Semana Verde de Silleda, para finalizar o mes coa gran cita nacional de Acruga, en Adai, no Corgo, que celebrará o 16 de xuño a poxa, a exposición e o concurso nacional, que supós o evento máis importantes de cuantos organiza a asociación.