Skip to main content
Pol LUGOXA

Pol: Ruta polo corazón polense

Por 9 Abril, 2023Abril 11th, 2023Sin comentarios

A paisaxe é o primeiro valor do Concello, distinto e multiforme, ás veces sorprendente.

Este roteiro foi creado e sinalizado con motivo do V Encontro Astur-Galaico e que tratou de amosar aos participantes unha pequena mostra dos encantos que ten o Concello de Pol.

O roteiro ten un trazado sen complicacións, optima para desfrutar relajadamente dos monumentos polos que se pasa e da paisaxe rural do municipio.

Unha descripción máis pormenorizada atópase no tríptico editado para a ocasión.

A primeira parada da ruta é a Santiña de Xerbolés, un monumento na honra a nosa Señora do Carmen e que se considera o escudo protector do propio Concello.  Seguindo o paseo poderase admirar o escudo en granito e de forma ovalada da Casa de Dourado ou Pallín, que é de estilo barroco e que conten as armas heráldicas. Máis adiante atópase a capela de Xerbolés situada nunha fermosa e frondosa paisaxe entre o silencio das chousas, carballos e bidueiras.

Seguindo o camiño ata Suegos está a capela das Neves, que se considera do século XVII, e despois a fonte de Sambade que é de augas férreas.

Xa en Lea está o muíño de Páxaro, o escudo en granito cun emblema sagrado da Casa Vilar, o cruceiro de 1793 incrustado nunha parede formando parte do muro da Casa de Carballo, a igrexa de San Bartolomeu que data do primeiro terzo do século XIX e a Casa de Teixeiro ou Abogado que conta con dous escudos. Un, cunha árbore e unha aguia coroada e o outro, de labra máis fina, ademais dos motivos do anterior, presenta catro estrelas sobre o plano refundido e a M dos Montenegro coa O na parte superior. Tamén presenta inscricións nas súas columnas. Ten un corredor, con escaleiras exteriores sobre piares de pedra.

Na parroquia de Cirio poderase admirar o Pazo de Fondón ou Trigo que conta cunha capela na honra a San Vicente, e da fonte de Fondón de 1818 e situada na parte exterior do pazo.

En Arcos de Frades atoparase a igrexa de finais do século XVIII e no seu interior un reloxo de sol que é replica do orixinal do ano 1902. Ao pasar por Silva estará o cruceiro de Ventín, e máis adiante xa asomará a área recreativa e o muíño do Pacio en Mosteiro, coa súa Carballeira. Nesta frondosa praza celébrase a finais do mes de agosto a Festa do Emigrante e hai un pequeno templete de música con pracas conmemorativas, tradición que se leva facendo dende 1984. Así mesmo poderase admirar a escultura ao cazados, feita por Puchades, e a escultura do Emigrante, en honra aos emigrantes do Concello.