Skip to main content
Portomarín

Corte de tráfico en Portomarín por obras

Por 24 Abril, 2023Sin comentarios

As obras que a Deputación de Lugo acomete na estrada provincial LU-P-4902, de Alto do Valiño a Valdeporrás, en Portomarín, obrigan a un corte de tráfico a partir do vindeiro martes, día 25 de abril, e durante 7 días laborables. Desta forma, a circulación estará permitida durante a fin de semana e na xornada festiva do 1 de maio. Os cortes estarán debidamente sinalizados para que os usuarios e usuarias poidan tomar desvíos alternativos.

O proxecto, adxudicado á empresa OVISA Pavimentos e Obras SLU por un importe de 260.000€, contempla a apertura de cunetas, drenaxe e limpeza, saneamento das capas existentes nas zonas con deficiencias, pavimentación e sinalización das vías mediante marcas reflexivas brancas nun treito de catro quilómetros da LU-P-4902, e a renovación da LU-P-4909, de Toxibó coas Neves, no tramo que vai desde o punto quilométrico 2 ao 3,235.

Memory: 148.7969MB (7.27% of 2048MB)