Skip to main content
Comarca RIBEIRASACRAXA

A IX edición do Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra xa está en marcha

Por 14 Abril, 2023Abril 15th, 2023Sin comentarios

A Asociación Semente Ribeira Sacra organiza a IX edición do seu Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra.

O obxectivo desta iniciativa é impulsar a creatividade de proxectos empresariais innovadores para desenvolver o medio rural e poñer en valor os seus recursos.

Terán preferencia os vinculados co territorio Ribeira Sacra, pero o concurso está aberto a calquera persoa de calquera lugar do mundo que teña unha idea empresarial destas características.

Os premios serán de 10.000 euros para o primeiro posto, de 6.000 euros para o segundo proxecto e de 4.000 euros para o terceiro posto.

As persoas interesadas en presentarse a este concurso, poderán inscribirse na páxina web da asociación de maneira gratuíta ata o 31 de maio e o 20 de xullo publicarase o nome das dez ideas de máis interese para o xurado.