Skip to main content
Carballedo

Máis de mil familias de Carballedo disporán de internet ultrarrápido antes de verán da man de Adamo

Por 14 Abril, 2023Abril 15th, 2023Sin comentarios

Case 100 familias do Concello de Carballedo xa navegan coa conexión de ata 1.000 Mb que proporciona a empresa Adamo, que leva semanas traballando no municipio para levar a rede da internet ultrarrápido para os veciños.

Este acceso é o primeiro paso dun despregamento que levará fibra óptica a un total de 1.500 domicilios de Carballedo, debido a que ao centenar de fogares mencionado uniranse outros 1.400 antes de que comece o verán, tamén da man de Adamo.

David Chairo, responsable do operador en Galicia mantivo unha reunión co rexedor do municipio, Julio Yebra-Pimentel, ao que lle explicou os detalles sobre o novo equipamento e como marchan as operacións nun encontro recente.

O alcalde, ademais de celebrar o aceso da fibra óptica en Carballedo, mantense ao dispór dos técnicos de Adamo para calquera xestión que poida facilitar o seu labor e axudar, así, a expandir a infraestrutura, tal e como fixo en todo momento.

Traballos de Adamo na provincia

Carballedo forma parte de todo un plan de despregamento por parte da compañía, que acumula máis de 70.000 vivendas cableadas en 35 concellos lucenses desde mediados de 2018. Para sufragar tales actuacións, Adamo investiu 20 millóns de euros e contratou a 300 traballadores locais en enxeñería, despregamento, mantemento e comercialización

.A pesar destes enormes avances, o crecemento prosegue, xa que o operador resultou adxudicatario da última convocatoria de axudas estatais e comunitarias para a instalación desta infraestrutura no territorio.

En virtude do orzamento público-privado resultante do Programa Único, de 17,5 millóns, Adamo levará Internet de alta velocidade a 33.000 fogares rurais de Lugo entre 2023 e 2024 para sumar máis de 100.000 inmobles conectados á súa rede de alta velocidade no conxunto da provincia.