Skip to main content
Chantada

A Escola Galega de Saúde para Cidadáns impartirá un curso de primeiros auxilios en Chantada

Por 14 Abril, 2023Sin comentarios

O Concello de Chantada acolle un obradoiro de Primeiros Auxilios impartido pola Escola Galega de Saúde para Cidadáns.

As persoas que queiran participar poderán inscribirse na plataforma do Sergas ata o 20 de abril, día no que se impartirá este taller no CEIP Xoán de Requeixo de Chantada, de 16.30 a 20.30 horas.

Os obxectivos desta iniciativa é que as persoas que participen nel adquiran os coñecementos necesarios e básicos sobre o manexo de situación que requiran actuación de primeiros auxilios.

:

  • Como chamar ao 061.
  • Asistencia inicial ante un traumatismo: feridas e hemorraxias.
  • Convulsións, crise epiléptica.
  • Dificultade respiratoria: ansiedade, crise asmática, etc
  • Dor torácico.
  • Queimaduras: escaldadura.
  • Perda de coñecemento: síncope, coma…
  • Diabetes: hipoglicemia.
  • Reaccións alérxicas.
  • Picaduras, mordeduras.
  • Reanimación Cardiopulmonar Básica: atragoamento, recoñecemento dunha PCR.