Skip to main content
Chantada

Os socialistas de Chantada presentan a súa candidatura ás eleccións este venres nun acto público

Por 20 Abril, 2023Abril 21st, 2023Sin comentarios

Este venres, 21 de abril, terá lugar a presentación da candidatura da Agrupación Socialista de Chantada ás eleccións municipais nun acto público aberto a todos os veciños e veciñas do noso concello.

O acto será presentado polo concelleiro José Luís Vázquez Hermida “Jisi” e terá lugar a partir das 21.00 horas no Círculo Recreativo Cultural.

Contaremos coas intervencións do candidato á Alcaldía, Mariano López Nieves, o presidente da Deputación Provincial, José Tomé Roca, a deputada Pilar García Porto e membros da candidatura.

Con este acto de presentación, explican os socialistas, “damos comezo de xeito oficial á carreira cara os comicios do 28 de maio nos que agardamos ter o respaldo necesario para acceder á Alcaldía”.

Así, explican “levamos meses traballando e o venres daremos a coñecer o equipo humano que acompañará o compañeiro Mariano neste proxecto que, agardamos, materialice a ilusión polo cambio que se percibe en Chantada”.