Skip to main content
Chantada

A actividade “Acrobacias de Muller 4.0” terá lugar mañá na praza do Cantón de Chantada

Por 26 Abril, 2023Sin comentarios

Este xoves, Día Internacional das Nenas nas TIC (Tecnoloxías da Información e a Comunicación) terá lugar a actividade “Acrobacias de Muller 4.0” que se ía celebrar o pasado 8M pero que se suspendeu debido ao mal tempo.

A praza do Cantón acolléra esta iniciativa gratuíta e aberta a todo o público a partir das 12.00 horas e, no caso de que chova, pasarase ao Mercado Gandeiro.

Este espectáculo, creado e interpretado por Sue Moreno, da Escola de Acrobacias Aéreas, fusiona teatro físico, danza e música cunha estrutura autónoma de 6 metros de altura.

Así, nesta obra inténtase visualizar o día a día dunha muller calquera que concilia traballo con maternidade, mostrando as mil caras desta etapa, pero dende unha mirada divertida, tenra, emocionante e, por momentos, absurda.