Skip to main content
Chantada

Por Chantada denuncia a situación da edificación ilegal da praza de Santa Ana

Por 26 Abril, 2023Sin comentarios

A agrupación política Por Chantada denuncia que o goberno local quere dar por legal “unha edificiación ilegal que primeiro pertenceu ao SAREB, logo a Vialmar e agora a unha construtora local” na praza Santa Ana.

Explica que nunca foi legal porque tiña a licenza condicionada a unha urbanización que dese saída desde Santa Ana até o Pavillón municipal e que “nunca se cumpriu”.

Porén, agora, o goberno do PP “pretendía aprobar un proxecto de Vialmar do ano 2008, ou sexa de hai 15 anos, sen adaptar á Lei do Solo da Galiza (LSG) e que só visa a urbanización da entrada da rúa”.

Por isto, Por Chantada di que se trata dunha “cacicada de manual” e que aproveitan a campaña electoral “para distraer a cidadanía dos acordos adoptados polo goberno local”.

De feito, din, o “goberno local tentou traer a pleno a urbanización para amparar a licenza do edificio, mais finalmente retirouna tras unha solicitude dun informe de secretaria, impulsada polo noso grupo municipal e co apoio do PSOE, sobre a legalidade do asunto”.

A maiores, explican, “nestes expedientes o goberno local obvia que o 9 de abril de 2015 a Xunta de Goberno Local ordenou o derribo de todo o construído no solar, mais un recurso xudicial da SAREB paralizou a orde e o actual alcalde nunca litigou amparándose en que había un comprador e desouvindo a recomendación dun informe dos servizos xurídicos da Deputación de Lugo elaborado a instancias dun acordo unánime adoptado pola Corporación que propuxera o noso voceiro Antom Fente Parada”.

Así, o candidato á alcaldía de Por Chantada, Antom Fete,  “resulta difícil pretender que a viciñanza trague co feito de que un alcalde vira perigo e ilegalidade en 2015 para non 2023 prorrogar unha licenza inexistente de 2005 e tentar aprobar a urbanización xusto agora e sen informes xurídicos”.