Skip to main content
Folgoso do Courel

A estrada LU-651 entre Ferrería Vella e Seoane do Courel estará aberta durante a Semana Santa

Por 3 Abril, 2023Abril 4th, 2023Sin comentarios

O Concello de Folgoso do Courel anunciou que a estrada LU-651 entre Ferrería Vella e Seoane do Courel, que leva en obras semanas, estará aberta ao tráfico toda a Semana Santa.

As persoas que transiten por ela de xeito habitual ou as que se acheguen ao Courel nestas datas, que saiban que poden facer uso dela con normalidade e con precaución ao tratarse dunha vía que está sendo arranxada.

Para evitar os cortes de tráfico, a Xunta habilitara un camiño alternativo mentres duraran as obras, que agora paralízanse con motivo dos días festivos.