Skip to main content
Folgoso do CourelO Incio

Un proxecto de revalorización de patrimonio rural chegará aos concellos do Incio e de Folgoso do Courel

Por 5 Abril, 2023Sin comentarios

O alcalde do Concello do Incio, Héctor Corujo, asinou un convenio de colaboración na Fundación Uxío Novoneyra, na aldea de Parada de Folgoso do Courel, do proxecto Horizonte 2020 rurAllure.eu.

Este proxecto consiste na atracción de visitantes ao patrimonio cultural rural que perimetra as grandes rutas de peregrinación europeas.

Así, o alcalde do Incio foi convidado polo Concello de Folgoso do Courel co gallo da preparación do itinerario cultural que están a estudar e desenvolver.