Skip to main content
Folgoso do Courel

Un curso de nocións básicas de autoprotección no fogar impartirase en Folgoso do Courel

Por 17 Abril, 2023Sin comentarios

O vindeiro 22 de abril, o Concello de Folgoso do Courel acolle un curso de nocións básicas de autoprotección no fogar.

Impartido por Mario Antuña, responsable do GES de Cervo, falarase sobre incendios, gas butano, limpeza de chemineas, etc. relacionadas cos fogares.

Así, o Salón de Actos do Concello acollerá este taller aberto a todo o mundo que queira participar, de 16.30 a 19.00 horas, e para o que haberá que inscribirse chamando ao 982 43 30 01.