Skip to main content
Folgoso do Courel

A Estación Científica do Courel acollerá en maio un curso de micoloxía

Por 24 Abril, 2023Abril 25th, 2023Sin comentarios

Os vindeiros 5, 6 e 7 de maio terá lugar un curso de micoloxía impartido por Iván Pérez Berjano, presidente da Mancomunidade de Montes de Pontevedra, na Estación Científica do Courel.

As persoas interesadas en participar del terán ata o 28 de abril para apuntarse a esta actividade na que só caben 20 persoas e que inclúe unha práctica de cultivo con materiais para levar.

Así, o venres 5 de maio de 16.00 a 20.00 horas, o sábado de 10.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 20.00 horas; e o domingo no mesmo horario, impartiranse coñecementos de micoloxía, econoloxía dos montes e fungos, de cultivo de fungos saprófitos e microrrícicos e sobre a micoloxía como dinamizadora do territorio.