Skip to main content
Monforte

O Parque da Compañía de Monforte estará pechado durante a vindeira semana

Por 15 Abril, 2023Sin comentarios

O goberno local de Monforte anunciou que o Parque da Compañía estará pechado temporalmente para que a empresa Calfensa Proyectos poida levar a cabo unhas obras de subsanación na zona de xogos e proceder a cambiar o caucho do piso a requirimento do Concello.

O parque infantil da Compañía, que foi completamente renovado a principios do ano 2021, presenta unha serie de deficiencias no piso de caucho, polo que se fixo unha análise da situación que concluíu cun informe no que se determina que o deterioro está ocasionado pola colocación dunha partida defectuosa de caucho.

Así, o goberno local requeriu á empresa que levante o piso defectuoso e volva a colocar un caucho novo, que garantice que o parque estea en condicións óptimas para ser usado por todos, en especial os nenos.

A renovación do piso terá lugar a partir do luns 17 e durará ata o 21 de abril, período no que o parque permanecerá pechado para garantir a seguridade dos nenos e nenas que o utilizan e tamén para conseguir una maior axilidade nas obras.