Skip to main content
Monforte

Esperta Monforte pídelle al Concello que paralice a construción da nova ponte do Malecón e peonalice a ponte vella

Por 19 Abril, 2023Abril 20th, 2023Sin comentarios

Germán Vázquez, voceiro do grupo municipal Esperta Monforte e candidato á Alcaldía por este partido político nas vindeiras eleccións do Concello de Monforte, presenta unha moción no vindeiro pleno pedindo que se peonalice a ponte vella e que se paralice a nova ponte entre o paseo do Malecón e o barrio de Ramberde.

Din que “é imprescindible a peonalización da ponte medieval por conservación do monumento histórico, por ser incompatible co peso que soporta ao peso dos vehículos debido ao deterioro permanente e pola conservación do patrimonio”.

Así, tamén esixen na moción que se reorganice o tráfico, o que din “sería suficiente para que coas pontes actuais da cidade evitaran o irreversible atentado ao medio rural e urbanístico da nosa cidade coa construción dunha nova ponte no Malecón”.

Por isto, Esperta Monforte suxire que se manteña a pasarela que xa existe e mellorala se fixera falta, porque construír unha nova ponte “é despilfarrar e malgastar diñeiro público dos fondos dos monfortinos, existindo outras necesidades”.

Por último, cren que é necesario seguir traballando na actual estrada de circunvalación ata a N-120, “aproveitando que a ponte que uniría por debaixo da Escola Taller coa estrada de Sober serviría como ligazón na parte sur de Monforte”.