Skip to main content
Monforte

O Partido Popular de Monforte presentará preguntas no vindeiro pleno sobre o control financeiro do Concello

Por 24 Abril, 2023Sin comentarios

O PP de Monforte esíxelle ao goberno local que aclare se o Concello cumpriu as indicacións recollidas no informe de Intervención para minorar os riscos fronte ao “constante incremento das cantidades que se consideran de cobro dubidoso, nas que se inclúe a recomendación de levar a cabo tres auditorías”, así o sinalou a portavoz e candidata popular á alcaldía, Katy Varela.

Varela lembra que “no mes de xaneiro presentouse ao pleno da corporación o plan de control financeiro das actuacións do 2022 e nel destaca a indicación que fai a intervención fronte á elevada cantidade de ingresos de dubidoso cobro, que non deixa de aumentar: 2019: 2.592.582,25; 2020: 2.845.316,43; 2021: 3.141.110,47”.

Asó, os populares presentarán formalmente preguntas no próximo pleno sobre esta cuestión, xa que Varela considera moi preocupante que no 2021 subise de tres millóns de euros a cantidade de ingresos pendentes considerados de dubidoso cobro; “estamos a falar dunha cuarta parte do orzamento de ingresos que realmente non se ingresa”, explica.

Por outro lado, os populares preguntarán tamén polo remanente de tesourería, pois neste mes presentouse a execución do orzamento de 2022 e, segundo parece, eses máis de tres millóns de euros imputáronse ao remanente de tesourería, minorando polo tanto o dispoñible.

Para a voceira do grupo popular a situación financeira do Concello “é preocupante, con máis de tres millóns de euros que seguramente non se cobrarán, o que minorará o dispoñible de tesourería”.

Problemas que ve o Partido Popular

Indica que “a un mes dunhas eleccións locais non é axeitado aprobar unha modificación do orzamento que afecta  a dous millóns de euros e menos tendo en conta o destino deses cartos”.

Ademais, destaca que se destinan case 400.000 euros á urbanización da Zona D e considera que, tendo en conta a situación doutros barrios e o problema da auga, “non é axeitado asignar estes fondos a unha zona do centro destinada a parque”.

Por outra banda, considera inadecuado seguir apostanto pola nova Ponte do Malecón cando hai no concello outras necesidades máis acuciantes. Katy Varela sinala: “Chama a atención que se aporten máis cartos dos que están orzamentados á feira do viño, ás festas e á feira medieval: só entre os tres suman 300.000 euros máis dos que xa tiñan consignados, e seguimos aportando unicamente 900 euros a festas tan importantes como ao San Antonio; Monforte non pode vivir de só tres eventos ao ano”.

Os populares non entenden como, “producíndose unha minoración do remanente, se aposta por un préstamo millonario para rehabilitar o pavillón que xa existe”. Teñen claro que “catro anos máis de goberno de Tomé serían unha ruína para o concello en todos os sentidos”.